DE PORTEIRO XOGUEI EU-Envío rápido
Sale!

DE PORTEIRO XOGUEI EU-Envío rápido

Original price was: €16.10.Current price is: €4.83.

SKU: 9788484876830 Category:

Description

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernés falado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e a traizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra en dialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio de Literatura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literatura da Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, ao dialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, ao húngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectal da Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica.A novela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeu unha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do Cinema Suízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da Crítica Cinematográfica Suíza, así como o Premio Walo.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “DE PORTEIRO XOGUEI EU-Envío rápido”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *