Description
O territorio parroquial rural foi o marco social, administrativo, onde se desenvolveu a vida do campesiñado galego ata os tempos actuais. A parroquia é a estructura administrativa máis inmediata ao pobo rural, funcionando coma elemento de cohesión nun marco elemental de convivencia, agrupando as distintas aldeas e lugares en eventos comúns.O obxectivo deste traballo foi obter o maior número posible de referencias documentais sobre a case totalidade das parroquias, que actualmente conforman o territorio rural do concello (Santa Cristina de Barro, Santa María de Roo, Santa Mariña do Obre, San Pedro de Boa e Santa María de Argalo). Neste estudo, intentamos realizar un bosquexo do mundo rural do concello de Noia, dende a prehistoria, constatando que, en torno ao século XII, os territorios que conforman as parroquias do actual concello de Noia contaban cun certo nivel de ocupación: un mundo agrícola distribuído en aldeas, que se agruparán en torno ás distintas parroquias. Así mesmo, as mulleres do espazo parroquial e polo tanto do mundo rural de Noia están presentes nos documentos estudados. Preténdese aportar un corpus de referencias documentais e bibliográficas que permita, ao investigador interesado en desenvolver o estudo da historia do territorio rural do concello, contar cunha base de partida.






Reviews
There are no reviews yet.